En sesións de onte venres día 15 e hoxe sábado día 16 do presente ano 2021, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, vén de participar dunha maneira, en vídeo- conferencia no I FORUM EUROPEO DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS, como unha das actividades programadas para este ano 2021, no seu 30 Aniversario da Fundación da AEJeST.
Na primeira xornada vespertina realizada onte, das 15,30 h. ás 19,00 h. tomaron a palabra para dar a benvida a todos os participantes, o presidente da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais Pere Lavega, Decano da Facultade de Educación Física de Lérida Eduardo Inglés, o xefe da Comisión Europea e director Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura da Unión Europea Ives Lelosteque e finalmente Ángela Melo directora da Sección de Ciencias Sociais, Educación, Mocidade e Deportes da UNESCO.
A continuación deron comezo as cinco relatorios que se desenvolveron durante as horas seguintes. Tomou a palabra en primeiro lugar a Confederation FALSAB de Gran Bretaña (Francia), a continuación a segunda foi a Federachon Sport Nohtra Tera- FENT ( Val de Aosta-Italia), seguidamente A Asociación A Tella (Valencia-España), o Proxecto Educativo Madeira de Ser (Cantabria-España) e finalmente a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional de Galicia (Melide-España). Nosa representante no relatorio foi a profesora Zeltia Labraña González que disertou sobre o traballo que, durante moitos anos, dita asociación leva difundindo e transmitindo os xogos e deportes tradicionais por toda Galicia, España e o mundo, como Patrimonio da Humanidade.
Na segunda xornada de hoxe sábado (desde as 8,30 h. ás 12,00 h.), os relatorios foron sete en total, intervindo nesta orde os seguintes representantes: A Asociation Ti Ar Gouren (Gran Bretaña-Francia), Federación Cántabra de Birlos (Santander-España), International Federation of Celtic Wrestling- IFCW/ FILC (Irlanda), Federazione Italiana Giochi e Sport Tradizionali ( FIGeST-Italia), Vlaamse Traditionele Sporten – VLAS ( Flandes-Bélxica), Institut Nacional d´ Educació Física- INEFC ( Lérida-España) e a Associació Cultural O Llaüt ( Ascó-España).
En resumo, podemos comentar que este I Fórum Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais da AEJeST, contou con 80 participantes de 30 países, de catro continentes: África, Asía, Europa e América e 12 relatorios en total. Como obxectivos dos relatores nas súas intervencións estaban enfocadas en tres aspectos: sobre a historia de entidade, a súa situación actual e os seus retos de futuro.
Todas as institucións que presentaron as súas liñas de actuación, foron seleccionadas entre todos os membros da asociación, que contaban no seu haber, polo menos máis de 30 anos promocionando e divulgando o seu traballo durante tanto anos en prol dos xogos e deportes Tradicionais, é dicir, neste primeiro Fórum déuselles a palabra a todas as institucións decanas da nosa Asociación.
Podemos destacar que foi un rotundo éxito esta primeira convocatoria, esperando que o segundo foro teña maior acollida que este primeiro, pois estamos seguros que pronto veremos moitas mais nacións, fóra da europea, que se incorporasen ao noso Proxecto. A organización foi perfecta e as intervencións moi acertadas e proveitosas. Parabén á AEJeST¡
Leave A Comment