Por décima vez o Concello de Oleiros visita o MELGA en Ponteceso

Enmarcado dentro do programa de cultura e natureza  de moita tradición titulado “Andares por Galiza: Roteiros para adultos”, no cal este ano se tamén se incorporan se nenos e nenas das familias, que presenta como actividade o concello de Oleiros (A Coruña) e organizada pola Sociedade Cooperativa Galega de Educación Medio Ambiental (CEM) de Culleredo (A Coruña), este sábado día 20 de abril-24, o roteiro correspondía á zona de Cabana de Bergantiños e Ponteceso.

Nesta ocasión o grupo compoñíano preto dunha trintena de persoas, entre nenos (9) pero abrigo persoas adultas (21). Acompañaban o grupo María José Santos concelleira de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, Reyes Caparrós técnica do departamento de Cultura  e Natividad Vázquez, coordinadora e representante da empresa do programa en marcha.

A xornada matinal deu inicio en Oleiros para chegar a Ponteceso  e desde a praza de Reche, camiñando polo Malecón a expedición trasladouse ao Monte Branco para observar o observatorio ornitolóxico e a gran vista panorámica da Barra e meandros do río Anllóns. Xa no Piñeiral de Balarés, para repoñer forzas xantaron e algún valente “remojó os pés” nas frías augas do mar, tampouco faltou a visita á Pedra da Serpe e por descontado a Corme, onde as cruces e o faro de Roncudo finalizou a intensa mañá planificada.

Pola tarde, en xornada especial vespertina, xa que polo xeral as visitas guiadas son polas mañás e non polas tardes, ás 16,00 h. iniciouse un percorrido moi rápido (xa que a sesión da mañá fora moi ampla e esgotadora,) pois soamente tiveron dúas curtas horas para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Todos quedaron “insatisfeitos” xa que desexaban que non finiquitara a sesión lúdica teórica-práctica, pero estaban seguros, que proximamente volverían de novo ao museo para ampliar os seus coñecementos.

 Con esta décima vinda o concello de Oleiros (A Coruña) establece un novo record de participación de visitas guiadas dunha institución pública, desde que se creou o noso MELGA en Ponteceso.

O grupo foi magnifico con moito interese e participación, aínda que non se puido profundar nalgúns aspectos, polos motivos especificados anteriormente.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.