Por terceiro ano consecutivo o Colexio British School Coruña visita o Melga de Ponteceso

Un grupo de media centena de nenos e nenas, de 3 anos de idade, do Colexio British School Coruña, que correspondían a dous grupos de primeiro de ensino infantil e acompañados das súas profesoras-titoras Luz Espinosa, Alison Moore, Nicola Jeken e Cristina Sánchez que representaba ao grupo, asistiron por terceira vez consecutiva ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo nunha mañá fría e desapracible.

É digno de mención o resaltar que sendo uns nenos e nenas tan pequenos, as dúas horas e media do percorrido polas salas de exposición, foron constantemente moi participativas, ordenadas e moito interese nas explicacións dadas. A disciplina palpábase “” en todos os momentos da sesión. Escoitaron, preguntaron, xogaron, divertíronse,…sempre no mais estrita orde. Asombroso! Como anos anteriores, todos os nenos/ as falouse nos dous idiomas: inglés e español.

Por terceiro ano consecutivo o Colexio British School Coruña visita o Melga de Ponteceso

Despois da visita guiada ao museo, o hall do Centro Cultural serviu de “puntual e imprevisto” comedor ( diluviaba neses momentos), para repoñer as forzas da ampla sesión teórico- práxica que realizaran. A sorpresa da mañá foi, que no momento da devandita degustación, fixo presenza o noso alcalde Lois G. Carballido para saudarlles e darlles a benvida a Ponteceso. O “maior” pontecesán, como era de supoñer, departiu tanto con discentes como docentes no seu idioma anglosaxón.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.