Este último xoves día 23, tivemos a sorpresiva visita ao MELGA, da xefa de Servizos Nuria Serrano e do Xefe de Sección Xosé Manuel Méndez, técnicos da Xunta de Galicia do Departamento de Cultura da sección de Museos.
O achegamento á nosa institución veu motivada, do mesmo xeito que á do Museo do Mar de Laxe, para obter “in situ” información sobre todo o relacionado aos recinto museístico da zona e así poder valorar, posteriormente, despois de cumprir todos os requisitos debidos, o posible recoñecemento como museo ou colección visitable pola Xunta de Galicia, para a guía oficial do Patrimonio cultural galego.
Debemos resaltar que a sensación que ambos funcionarios levaron do noso Museo Etnolúdico de Galicia foi inmellorable, causándolles unha grata impresión da distribución das salas, a gran cantidade de pezas existentes, a señalética, a orixinalidade do mesmo, as instalacións, etc. Un importante empuxe e reforzo institucional ao MELGA para continuar o arduo traballo que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o seu padroado, veñen realizando como promotor do concello de Ponteceso a nivel autonómico, nacional e internacional, desde fai tres anos escasos da súa creación.
Leave A Comment