Primeira parada matinal no Melga do grupo de maiores da Asociación IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Un grupo dunhas trinta persoas da Asociación IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, desprazáronse a Ponteceso ( nunha semana dous grupos da US! ) o pasado sábado día 14 de abril, para realizar pola bisbarra pontecesana unha visita cultural-lúdica-turística-gastronómica, admirando todos aqueles lugares máis representativos da zona. A súa primeira parada matinal foi no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). O grupo de adultos que concorreron á cita museística, correspondían a alumnos e alumnas da Universidade Senior da capital de Galicia, coordinados por Pilar López, que exercía de organizadora e xefa de expedición, e todos eles liderados polo seu presidente Serafín González.

Debido á gran cantidade de lugares que desexaban coñecer, a sesión planificada tivo unha duración dunha hora e media aproximadamente, sendo insuficiente para moitos dos asociados, que non dubidaron en expresar que había que repetir a agradable experiencia para outra inmediata ocasión xa que lles “soubese“ a pouco o tempo empregado para a mesma, aínda que as idades dos “ xubilosos” visitantes estaban entre os 65 e 85 anos de idade.

 

Durante o transcurso do percorrido da visita, sumáronse á mesma, un grupo da Coruña, composto por un matrimonio, os seus tres fillos e os seus avós e avoas. E finalmente como nota moi destacada da xornada, tamén nos acompañaron Desiré Facal e a súa filla Daniela, que era a primeira vez, despois de catro anos de inaugurado o museo,  que un membro do corpo administrativo ou do pleno municipal do concello de Ponteceso, visítanos oficialmente nunha actividade guiada.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.