Cumpriuse o primeiro Aniversario da firma do Convenio entre o Concello de Ponteceso e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, dos 15 anos acordados.
O día 17 de marzo cumpríronse 365 días de colaboración intensa entre as dúas institucións, sumando esforzos e labores en torno ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA),e en prol da difusión e expansión do mesmo, ademais da promoción turística, gastronómica e cultural do municipio de Ponteceso, tendo como uns dos activos atractivos da zona, o recinto museístico.
Por parte da Fundación, os membros do Padroado, na súa última sesión asemblearia, decidiuse enviar un escrito á corporación pontecesana para expresar noso mais sincero agradecemento polas axudas recibidas durante este curso e para que continúen nesa mesma liña durante moitos anos.
Leave A Comment