Primeira visita guiada da escola de párvulos de Torre Xallóns de Laxe (A Coruña)

Hoxe recibimos nas nosas instalacións museísticas do MELGA por primeira vez un grupo de párvulos de Torre Xallóns do concello de Laxe (A Coruña).

En total foron 10 nenos/as comprendidos entre os 3 e 4 anos, acompañados en todo momento pola súa profesora/titora dona Mercedes. A visita guiada consistiu en moitos xogos de manualidades, xogos musicais, castelos con mazorcas e pinzas de lavandeira, tirafungueiro, varapau, carreiras de tartarugas, perinolas, perindolas, boliches, busca do xogo escondido, contacontos, recortables, etc. Foron dúas horas (9,30 a 11,30 h.) de intenso traballo coordinativo e de habilidades manuais, quedando os futuros “museólogos” perplexos co contado e visto e obtendo moitos deles, polo seu interese e coñecemento, (se acertaban o que se lles preguntaba) unha chea de medallas (adhesivos), obtendo así un agasallo final.

Quedaron en regresar para xogar e coñecer a segunda sala do MELGA, é dicir, a da evolución histórica dos xogos e deportes a través a través dos tempos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.