Unha trintena de profesores e profesoras dos países europeos, que visitan Galicia a través do programa “ERASMUS”, acollidos polo colexio das Jesuitinas da Coruña, recalaron en Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Os docentes procedías de Italia, Noruega, Grecia, Chequia e Letonia e viñan acompañados das profesoras Elena González e Fátima Rodríguez que exercía de tradutora e representante do grupo.
Nesta ocasión tivemos a gran satisfacción de contar coa presenza do alcalde pontecesán Lois García Carballido, que recibiu a todos os compoñentes, no Hall do Centro Cultural, para darlle a benvida á nosa vila e ao museo. Máis dunha hora permaneceu connosco, realizando funcións de tradutor simultáneo, axudando ao noso director e á representante do centro escolar.
A sesión lúdica teórico-práctica que tiñan programado como máximo unha duración de dúas horas, converteuse en case catro horas de percorrido por ambas as salas expositivas. Todos os asistentes, segundo comentarios transmitidos, fora unha gran experiencia moi diferente a outros museos visitados en diferentes países ou nos propios nacionais. Como educadores, levaban unha enorme abundancia de coñecementos que expoñerían aos seus alumnos/as cando regresasen aos seus países de orixe. Unha xornada inmensamente gratificante.
Finalizada a visita, Ricardo Pérez e Verdes, en nome da súa Fundación e o MELGA, entregou unhas “lembranzas” a cada un dos presentes, do noso concello e institucións. Desexamos comentar que foron moitos os ilustres mestres, que quixeron deixar os seus parabéns no “Libro de Visita” do museo, por suposto, nos seus idiomas nacionais.
Unha vez que realizada a despedida do museo, e observando a exposición ao aire libre dos murais de azulexos dos xogos e deportes tradicionais, a continuación marcháronse para coñecer o noso pobo, probar os “vinitos” galegos, cos seus “petiscos” correspondentes e xantar nun restaurante da Trabe.
Seguidamente realizada a reposición de forzas, saíron en autobús en dirección a Santiago de Compostela para visitar a catedral e percorrer as rúas da cidade.
Unha experiencia docente enriquecedora e moi frutífera, pois algúns dos discentes coñeceron os seus propios xogos e os do noso país, nese mesmo momento, ademais Ricardo Pérez informou dalgúns Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais que existían nos seus países e que descoñecían totalmente a súa existencia e deberían alguna vez presencialos.
Leave A Comment