Neste comezo do mes de agosto, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) comprobou que, unha das actividades mais organizadas polos Campamentos Urbanos ou Rurais da nosa comunidade e as empresas que activan estas planificacións, un día dedícana a coñecer, dentro das súas limitacións horarias, unha visita ao noso museo.
Nesta ocasión, dentro do Programa de Campamentos de Verán que ten programados a Xunta de Galicia para toda a Autonomía, a visita guiada foi planificada para onte xoves día 03 de agosto-23, compoñíano un grupo de 50 persoas que procedían das catro provincias galaicas, e que se atopaban no Albergue Alalá Terra e Sons de Cabana de Bergantiños, da nosa embaixadora e directora Mariluz Imia, do mesmo e que desde o día 1 e que finalizará a súa estancia na nosa terra bergantiñá, o próximo día 15 do presente mes. As idades dos campistas ían desde os 09 ata os 12 anos e os seus seis monitores eran: Martina Baliña, Gabriela Tajes, Dora Vieiro, Inés Vieirol,Yago Espasandín director do campus e Sergio Vicente representante e coordinador do grupo.
Cunha duración de case tres horas de visita, tanto teórica como práxicamente, todos os compoñentes do campus, así como os seus monitores, pasaron revista e realizaron os diversos xogos tradicionais galegos nas dúas salas do museo con gran atención e interese, sobre todo aqueles que procedían das outras tres provinciais galegas, pois descoñecían a existencia do devandito recinto museístico. Os encomios non se fixeron esperar, propoñendo, en canto chegasen aos seus lugares de procedencia, ás súas familias e centros docentes, a imperiosa cita dunha visita ao MELGA de Ponteceso.
A visita, pensamos, que foi moi acertada e adecuada, precisamente pola campaña que a Xunta de Galicia tiña para este ano e que titulou “O verán que queres contar”. Non só actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo dunha educación non formal, senón que a pretensión era que servisen, non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital dos mozos. E o MELGA, na súa función prioritaria, “santo e sinal”, difúndeo e promociona.
Leave A Comment