Realízase un programa de televisión no Melga cunha productora galega

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), recibiu onte martes-13, por cuarta vez este ano, nas instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso, onde está situado o mesmo, ao equipo de gravación da Produtora Ezarofilms de televisión, para realizar unha reportaxe sobre o museo. Ao mando do mesmo viña o seu director Anxo da Cruz e o seu presentador Víctor Fábregas.

Acompañaba ao grupo de filmación, a traballadora do Servizo Municipal de Normalización Lingïstica e membro do proxecto “Ponteceso Cultura Permanente”, Julia Ures que realizou a presentación do noso director Ricardo Pérez e Verdes a todo o equipo técnico da productora.

Todo o gravado, a través dunha longa entrevista ao guía-director, visita polas salas do museo, historia do mesmo, a práctica dalgún xogo, etc… servirá, máis adiante, para confeccionar un documental sobre o Patrimonio Cultural, Monumental, Patrimonial, Museístico, Turístico, Gastronómico,…da nosa vila pontecesá, para a divulgación e coñecemento dun dos pobos máis belos da Costa da Morte e que se incluirá dentro do programa estrela “Ruta”, que dá unha visión total de cada un dos moitos pobos e recunchos da nosa terra de Galicia.

En canto finalice a montaxe e decídase a súa emisión, darémolo a coñecer a todos os medios de comunicación e persoas interesadas, a través da páxina web do museo, as redes sociais e polos departamentos de cultura e turismo do concello de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.