A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega do distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos) correspondentes ao Ciclo 1 do ano 2024, despois da primeira fornada recoñecida o ano pasado. O acto tivo lugar este mércores día 9 de abril no Centro Sociocultural de Baio (ZAS), e reuniu os presentantes institucionais, empresariais, empresarios, técnicas, técnicos do sector turístico, directores e presidentes de museo e fundacións, todos eles relacionados co sector turístico.
O proxecto SICTED , está impulsado pola Secretaria de Estado de Turismo, que busca mellorar a experiencia turística a través da aplicación de estándares comúns de calidade en todo o destino. Na Costa da Morte, esta iniciativa está coordinada a través da CMAT (Asociación Turismo da Costa da Morte), os concellos participantes e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), coa colaboración da Deputación da Coruña.
O acto arrincou coa benvida institucional por parte do Presidente da CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) e alcalde Zas, Manuel Muiño que reiterou a importancia de dar continuidade a este proxecto para a Costa da Morte e agradeceu a colaboración tanto da Xunta de Galicia como da Deputación provincial da Coruña con este territorio, así como resaltou a importancia do traballo en rede de todas as administracións públicas xunto á entidades privadas do sector turísitico para fortalecer a competitividade e a sustentabilidade do destino.
Antes da entrega de Diplomas, Emlio Cuiñas, director de Autogiro e consultor SICTED, aproveitou para recoñecer o esforzo dos empresarios e empresarias que superaron a formación a pasada anualidade, e para adiantar a planificación cronolóxica do SICTED Costa da Morte para 2025. Por último, Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais e Empresarios de Turismo da Costa da Morte (APTCM), clausurou o acto cun discurso no que destacou o esforzo conxunto e a colaboración do sector privado como motor para impulsar e promocionar o valor turístico da Costa da Morte. Tamén tomou a palabra, Carmen Pita, directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, para destacar a aposta do Goberno Galego por fomentar a cultura de calidade entre os establecementos turísticos galegos e José Luís Penas, deputado provincial de Patrimonio e Cesáreo Pardal presidente do Agrupación industrial Turismo de Galicia
Durante o acto, recoñeceuse a labor de 35 empresas e entidades da Costa da Morte que apostan pola mellor mellora continuada da calidade nos servizos turísticos.
Os distinguidos foron: Club do Mar (A Laracha); Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate e A Casa da Estrela (Cabana de Bergantiños); Museo de Man de Camella, Museo do Encaixe e A Mariña (Camariñas); Nautico de Razo yRestaurante Mesón do Polbo (Carballo); Hotel Meiga do Mar e SPA e Nacho Porto (Carnota); Casanova, Hotel Oca Insua, Liresca e Stoupa (CEE); Bar restaurante Il Muíño e Casa Villaverde (Coristanco); Hotel Boutique Mar de ëzaro (Dumbría); Oficina de Turismo de #Finisterre, Hotel Sempre #Finisterre, Hotel SPA Praia Langosteira e Restaurante A Centola (#Finisterre); Hotel Torre de Laxe e Islow Coliving (Laxe); Casa Jurjo (Mazaricos); Oficina Municipal de Información Turística, Encaixes Lucita e Casa Lema (Muxía); MACCMO e Museo Etnolúdico de Galica (MELGA) (Ponteceso); A Casa Dá Canle Restaurante e Restaurante Casa Sabina (Vimianzo) e Torres do Allo e Resturante A Laraira (Zas).
Con esta entrega de Diplomas, a Costa da Morte, dá un paso máis na consolidación dun modelo turístico baseado na excelencia, a colaboración e o respecto polo territorio. Nas próximas semanas comunicarase o novo período de inscrición para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ao SITED, xunto con toda a información sobre os curos dispoñibles e ao procedemento.
Por parte do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a distinción foi recollida por nosa técnico e guía do museo Vanessa Casais Trillo, debido a que o noso director, non puido asistir ao devandito acto, xa que segue recuperándose da súa intervención cirúrxica. O diploma foi entregado pola concelleira de Cultura do concello de Ponteceso Raquel Fondo.
Estamos altamente agradecidos o poder pertencer a esta entidade turística da Costa da Morte, pois como tantas outras institucións desexamos achegar un granito de area a todos aqueles que nos visiten e sen dúbida “teñan a garantía da calidade que ofrece ao visitante saber que neste destino as empresas contan cun leste selo identificativo”.
Será unha honra e orgullo levar este distintivo turístico,no noso establecemento museístico.
Leave A Comment