O MELGA recibe ao Instituto de Estudos Bergantiñáns, visita de alto nivel cultural

Esta fin de semana, sábado día 25 do presente mes de xaneiro, en xornada matinal, desprazáronse a Ponteceso, medio centenar de asociados (a maioría xubilados) do Instituto de Estudos Bergantiñáns, da localidade veciña de Carballo. Encabezaba dita expedición, o presidente da institución Juan Fernández Carrera e acompañáballe como organizador da actividade Antonio Pacoret, que durante algún tempo preocupouse e interesou que a realización dita visita guiada fose correcta e sen contratempos.

A sesión deu inicio puntualmente ás 11:00 h. a.m., onde foron recibidos no exterior a pé do terreo de xogo do Centro Cultural, por Ricardo Pérez y Verdes, director-guía do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), que lles transmitiu, en nome do alcalde de Ponteceso José Manuel Mato e a Fundación, o noso pracer en recibilos e dándolles a benvida á nosa terra de Bergantiños e en especial ao MELGA. A continuación Ricardo Pérez presentou a todos os visitantes a exposición de “Murais de Azulexos sobre os xogos tradicionais galegos”, doados aos fondos da nosa Fundación, polo gran mecenas Gonzalo Rodríguez da Fundación LAR de Cee, que temos ao aire libre na entrada do museo e que foron do agrado de todos, pola súa distribución, composición e laboriosidade dos colectivos de alumnos/as dos institutos da zona da Costa da Morte, que realizaron devanditos extraordinarios traballos.

Unha vez introducidos no Centro Cultural, a visita guiada continuou coa visualización dos dous vídeos de presentación que dispoñemos para todos os públicos, uno o do Himno do Museo e o outro unha visita virtual ao museo que tiveron unha espléndida aceptación e ata sacaron na finalización de cada un deles, moitos aplausos.

Cunha máxima expectación, continuouse a visita polas dúas salas do museo, escoitando as explicacións do noso guía e de cando en vez, atrevéronse a realizar algunha práctica dos xogos adaptados para as devanditas idades. A actitude do grupo foi destacable en todos os aspectos, tanto na atención do que alí se transmitía, o intercambio de coñecementos, aclaracións sobre algunha temática en especial, etc… O nivel cultural e patrimonial dos compoñentes do grupo foi moi alto, xa que nalgúns momentos, achegaron ao guía, nomes de termos de xogos de cada un dos seus pobos de procedencia, que descoñecía. Por suposto, Ricardo, anotaba todo aquilo que se lle achegaba.

Foi tanto o “feeback” entre os presentes, que decidiron cambiar o roteiro que tiñan organizado, para pasar máis tempo no museo, aparcando outras actividades para a xornada vespertina. Superadas as tres horas e media de visita guiada, a maioría das persoas comentaban que fora “algo” corta a mesma, pois se necesitaba moito máis tempo de goce. Sen excepción, comentaron: “que fora un gran acerto, por parte da entidade, en realizar esta “excursión” tan marabillosa e polo ambiente tan extraordinario que se rodeou o encontro museístico”. Para a maioría dos presentes, era o seu primeiro “bautismo” en visitarnos, aínda que os que coñecían o museo viñeran pola súa propia conta e non en visita guiada. “Nada que ver, así unha marabilla”, parafraseaban.

Unha vez finiquitado o percorrido polas salas do museo, todos os asociados de desprazaron ao restaurante da Trabe “A Pesqueira” para degustar un gran cocido galego, pois o tempo demandábao, e así repoñer forzas dunha moi intensa e extensa xornada lúdica matinal.

Finalmente, continuaron gozando dos arredores da nosa pequena Ponteceso, polo que quedaba de tarde. Unha xornada espectacular e un grupo cunha gran altura de coñecementos históricos, etnográficos, patrimoniais, etc… extraordinario sobre as Terras de Bergantiños e da cultura de Galicia.

Grazas por acompañarnos!

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.