REPITE VISITA AO MELGA O COLEXIO CORUÑES DAS JESUITINAS

Se o mércores (14/06/23) pasado foron os grupos de segundo “A” e “B” do ensino primario do colexio coruñés das Fillas de Jesús (Jesuitinas), o achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para unha visita guiada, onte xoves día 15 do presente mes de xuño-23, volveron repetir a quenda os outros dous cursos restantes de ensino infantil, os de segundo “C” e segundo “D”, ao redor de sesenta e sendo esta a oitava visita realizada. As súas profesoras-titoras, neste caso, eran Tania Rodríguez e Paula Castelos que representaba ao centro escolar. 

A xornada matinal iniciouse cara ás 10,00 h. da mañá e finalizou sobre as 13,00 h. da tarde. Tres longas horas de percorrido teórico-práctico dunha visita guiada polas dúas salas do museo. Debemos comentar que aínda sendo o mesmo número de participantes (preto de sesenta), mesmas idades e ademais con máis tempo dispoñible que o día anterior, a visita tivo que acurtarse sobre todo as prácticas programadas para a segunda sala, xa que o alumnado era moito máis disperso e descontinuo en atención, que os da xornada anterior. 

De todos os xeitos a sesión foi completa e os alumnos e profesoras responderon á perfección, coas expectativas que se propuxeron. Pasarllo ben e gozar moito e iso, segundo os seus comentarios, fixérono. Ao non contar con ningún premiado da sesión, a dirección do museo, obsequiou con senllos agasallos para cada unha das aulas correspondentes. Como había unha nena que cumpría anos, cantóuselle os “aniversario feliz” e o director do museo, regalou senllos obsequios de xogos tradicionais para que se iniciase no coleccionismo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.