Saen de Ponteceso algunhas pezas da exposición para un programa da tarde en directo da TVG

O MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, a través do seu director, foi convidado onte día 11 do presente mes de maio-21, a participar en directo no programa, “Quen anda aí? da Televisión de Galicia. Unha tarde dos martes para todos os públicos, onde a cultura, os entretementos, a gastronomía, a moda, os novos artistas(cantantes, músicos), turismo, etc…están presentes neste magacín de actualidade, referente e de gran audición en Galicia.

 

Ricardo Pérez e Verdes foi entrevistado, no estudio da Produtora Veralia e Tex 45, cuxa sede se atopa na veciña localidade de Ordes (A Coruña), polos presentadores da cadea o xornalista Rodrigo Vázquez e o actor-humorista Roberto Vilar. O motivo da nosa participación, por segunda vez, no devandito programa non foi outro que comentar a excelente noticia aparecida nos medios de comunicación de que a Xunta de Galicia, en boca do seu Secretario Xeral para o Deporte, en acto oficial comunicou a constitución da nova Federación Galega de Xogos e Deportes Autóctonos.

 

Saen de Ponteceso algunhas pezas da exposición para un programa da tarde en directo da TVG

 

Hai que felicitar ao mandatario político José Ramón Lete, pois case despois de 40 anos de insistencia pola nosa banda, ao fin! será unha realidade que a nosa Comunidade Autónoma, era a única do noso país que non contaba coa devandita entidade, para a promoción do noso patrimonio lúdico, cultural e inmaterial dos nosos xogos e deportes tradicionais. Desde o ano 1987 o noso director, propuxo aos directores (Otero (PSOE), Souto (BNG) e Domínguez (BNG), secretarios xerais de Deportes (Lendoiro (PP), Lamas (PP), Lete (PP) e Mínguez (PP) e conselleiros (Alfredo Conde (PSOE) e Angela Bugallo (BNG), representando a todos os partidos políticos habidos desde dita data ata a actualidade e dita proposición, sempre caeu, un tras outro, no esquecemento. Agora ben… “Non hai mal que cen anos dure” ou “non hai mal que por ben non veña”. E chegou Felicidades!

 

A sala de gravación estivo adornada cunha mostra de pezas do MELGA, (deportes galegos tradicionais e algúns xogos con potencialidade deportiva) chegando a máis dunha vintena de obxectos que sen dúbida embeleceron o estudio do estudo. Nesta segunda parte, falouse sobre os deportes tradicionais ( chave, billa, birlos e actividades marítimas), do sapo, ou corno, as bochas, a bugalliña, pulseo de calado, varapau, bixo, etc.. Finalmente o noso director convidou os presentadores para que puidesen “in situ” retarlle a xogar ás bochas, á billa, ao tirafungueiro, etc…, todo nun ambiente divertido, alegre e moi entretido, tanto a nivel cultural, festivo e…competitivo. O estudio converteuse nun campo de xogo e deporte tradicional galego.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.