Como continuación da xornada do luns-18, onte martes 19 do presente mes de febreiro, outros sesenta nenos e nenas, nesta ocasión, de segundo de primaria (7 anos) do colexio privado Xesuitinas (Fillas de Jesús) da Coruña, chegaron ao MELGA de Ponteceso para realizar outra visita guiada en sesión matinal. Os profesores/titores que os acompañaron foron María Veiga, Samuel Touriñán e Beatriz Mourinho.
Esta segunda visita, en vinte e catro horas, do mesmo xeito que a do luns non deu para moito xa que apenas tiveron escasamente unha hora de percorrido museístico, pois programaran as mesmas actividades, pero neste día outro engadido mal, o atraso foi debido ao transporte escolar. Soamente, como o día pasado, deu tempo a escoitar as explicacións do guía e á práctica e talleres de entretementos, xogos con animais, laborais, de forza, loita e empuxe da primeira sala do museo, con acurtamento de tempo dispoñible para cada xogo.
Por iso, acordaron que proximamente, visitaríannos de novo, pero tamén en exclusividade en xornada completa (mañá e tarde).
Leave A Comment