A Fundación Ricardo Pérez e Verdes vén de ampliar o seu patrimonio lúdico con novas pezas de colección para o seu Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), aproveitando o enclaustramiento deste etapa que nos toca vivir co COVID-19, revisando a través das redes sociais, na procura permanente de material para engrandecer, se cabe, as nosas vitrinas expositivas.
Nesta ocasión a “xoia”, foi adquirida nun anticuario de Pontevedra, é un raro e antigo xadrez hindú de principios de século XX (1918) en madeira de ébano e sándalo con incrustaciones de marfil, con todas as figuras talladas a man e un taboleiro precioso de taracea. Son en total 32 fichas, 16 negras e 16 brancas. Conta con 8 peóns, 2 elefantes, 2 visires do Rey, 1 Rey e 1 Conselleiro ou Alferza.
A hipótese que se apoian esta teoría deste xadrez, baséanse nun xogo propio do país hindú, chamado Chaturanga, do que se insinúa que este parece derivar. A lenda ten varias versións e tamén varias datas: como o 3.000 a. C., o século III a. C. e o século V e sitúaa na India. A lenda situámola cun rei hindú, chamado Ladava, perdera nunha batalla ao seu fillo Ajamir, o cal falecera durante a refrega ao sacrificarse para que o seu exército lograse a vistoria. O Rey, #ante tan dura perda, caeu nunha profunda amargura da que nada nin ninguén conseguía facerlle saír.Un día, un modesto brahmán chamado Latur Sissa conseguiu audiencia do monarca co obxecto de tratar de poñer fin á súa melancolía. Ao Rey entusiasmoulle o xogo e este converteuse no seu pasatempo favorito. Pronto non tivo rival que lle vencese e puido ir esquecendo a perda do seu fillo.
Nun anticuario coruñés, localizamos unhas marionetas do mundo asiático ( China, India, Indonesia, etc…), que corresponde ao teatro de sombras ou marionetas de sombra, estas posúen connotacións máxicas, espertando os soños, o subconsciente, o espírito, que representan epopeas do pobo. En Indonesia, como estas, denomínanse Wayang Kulit, figuras planas e decoradas en pel e madeira, que proxectan unha sombra sobre a pantalla que simboliza o universo. Wayang siginfica teatro e Kulit sombra ou imaxinación. As outras denominadas Wayang golet, non son de sombras, son bonecos tridimensionales con baleas ou canas e preséntanse directamente ao público sen pano. Tamén son de principios de século, sobre os anos 40 aproximadamente.
Todas estas adquisicións xa se atopan nas vitrinas do MELGA no apartado dos pobos antigos de Asia. Quedan todos convidados a presencialas.
Leave A Comment