A visita guiada de onte martes día 28 do presente mes de marzo, do Colexio Fillas de Cristo Rey da localidade coruñesa do Carballo (Oleiros), correspondía á súa quinta visita ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desde os seus comezos alá no 2018, só ausentándose das mesmas na anos de pandemia do 2020 e 2021.
Nesta ocasión, recibimos nas nosas instalacións museísticas, a un centenar de alumnos das clases A-B e C de 4º de primaria, cuxas idades comprendían entre os 9 e os 10 anos e que viñan acompañados dos seus profesores titores Xiana Chouciño, Jorge Rodríguez e Eugenio Dourado, profesor de educación física e ex – alumno do noso director, que tiña a competencia de organizador e representante do centro docente.
Durante toda a sesión matinal, máis de tres horas de visita guiada, os alumnos foron separados en dous grupos, para o mellor desenvolvemento da actividade. Mentres un grupo atopábase coa profesora Manuela Vázquez no exterior do campo de xogos do Centro Cultural, o outro grupo recibía as explicacións do guía das dúas salas expositivas no interior do museo, para logo intercambiar as zonas de traballo lúdico. Quedou para outra ocasión a segunda sala ao non dar o tempo que se dispoñía.
Do mesmo xeito que onte luns 27, co CEIP. Fogar de Carballo (excelentes),os compoñentes do grupo de hoxe quedaron á mesma altura en participación, interese e bo facer durante toda a sesión. Dúas xornadas lúdicas excepcionais. De igual maneira, o grupo desprazouse ao Monte Blanco e acamparon para realizar un picnic no Piñeiral de Balarés, regresando para Oleiros (A Coruña) ao seu centro docente sobre as 16,00 h. da tarde.
Leave A Comment