No Día do Traballo en toda España e o comezo da festas dos Maios en Galicia, onte luns 1 do iniciado florido mes de maio, primaveral e caloroso, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desenvolvo unha xornada completa en horario de 11,00 h. ata as 20,00 h. interrumpidamente, nove horas de xogos e deportes tradicionais de Galicia e do mundo, no Recinto Feiral do Pazo da Cultura, con motivo do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, no seu vixésimo cuarto aniversario.
A sesión lúdica levou a cabo dentro das quince (15) actividades da programación do Salón e como complemento á Exposición titulada “O mundo dos xogos e os xogos do mundo”, do cal nosas entidades pontecesás somos participantes activos. A sesión matinal, aínda que cunha importante asistencia de público, non foi como esperaba a organización, xa que o día extraordinario (28 graos) as familias, seguramente, o seu destino fosen as praias da contorna, para pasar a mañá tan estival, que o propio salón. Debido a calor asfixiante o festival de xogos e deportes tradicionais, planificados ao aire libre, tiveron que desprazarse para o interior do recinto feiral, que se atopaba cunha temperatura ideal. Moi diferente foi a sesión vespertina, desde as 16,00 h. ata as 20,00 h. peche da xornada, nalgúns momentos houbo “overbooking”, xa que a gran cantidade de familias (pais, nais, fillos e fillas e algún que outro avó ou avoa), gozaron e abarrotaron por momentos, os postos de cada xogo dos alí programados para o devandito evento. Segundo conta Ricardo Pérez e Verdes o noso director, “só recibimos felicitacións por todos os asistentes, pois non deixaban de interesarse por todos aqueles xogos descoñecidos e algúns que lembraban da súa infancia”. O noso presidente e director, estivo acompañado nas prácticas, dos profesores Manuela Vázquez e Xabier Pérez, que non deixaron de atender todas as demandas expostas polos usuarios ou tamén participando activamente nos xogos, para lograr o éxito fronte aos seus adversarios.
Non faltaron os xogos de precisión, habilidade, forza,… e os xogos de taboleiro, que sen dúbida foron un das atraccións máis destacables. Entre os primeiros estiveron o disco ou o prato, o sapo, o varapau, os buracos, as carrilanas, a volta de chapas, carreira de tartarugas e de mazarocas, as casas, a choucha, as andas, etc. e entre os segundos non faltaron o carrom (hindú), o fidchel (celta), os imáns, a culler, a hélice, o senet (exipcio), o balero (mexicano), cucunubá (colombiano) etc. Como curiosidade, o voluntario do salón, Pablo Ruibal de Pontevedra bateu o record do xogo das casas, que facendo un pleno, lanzando os seus oito fichas ao centro da plataforma, obtendo con iso a puntuación final de 80 puntos. Dita marca estableceuse, facía escasos días, nas visitas libres da Semana Santa polo cambrés José Manuel Abeal, con 70 puntos.
Podemos comentar, que como reza o título desta información, foi un día grande para as nosas institucións (xa que estivemos no acto central da xornada), un día grande pola masiva participación de público, un día grande pola felicidade transmitida polos visitantes e un día grande por dispoñer dunha xornada excepcional sobre o Patrimonio Lúdico Gallego. Unha excepcional xornada, para un público moi entregado e satisfeito.
Leave A Comment