Onte pola mañá mércores 28 do presente mes de febreiro, foi un día especial no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), xa que tivemos a ocasión de recibir a visita guiada dun grupo de alumnos/as do CEIP. Plurilingüe da localidade de Monterroso da provincia de Lugo. Para todos eles era a súa primeira vez en visitarnos e pertencían a discentes de 5º e 6º de primaria de educación infantil, cuxas idades se atopaban entre os 10 e 13 anos de idade. En total preto de medio centenar de escolares, que ademais viñan acompañados dos seus profesores-titores Martín Rodríguez, a profesora responsable do grupo Elena Fresno e a profesora de educación física, ex – alumna do noso director na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, Ana Mendaña Blanco.
Tras un longo desprazamento de máis de dúas horas de autobús, os visitantes chegaron ao museo cun pouco de atraso da hora fixada pola dirección do mesmo, pero logo prolongouse a visita guiada para así lograr ao completo a visita organizada. A duración final da sesión museística excedeu as tres horas e media.
Despois de percorrer os máis de 150 quilómetros que median entre as localidades de Monterroso (Lugo) e Ponteceso (A Coruña), que mellor para estirar as pernas que unha sesión práctica de xogos tradicionais, cuestión que agradeceron enormemente todos os visitantes. O grupo funcionou extraordinariamente tanto na atención ás explicacións dadas polo guía, como polas actuacións participativas-recreativas-competitivas da sesión lúdica-práxica organizada. Ao final, como de costume, fixéronse entrega dos correspondentes premios para dous alumnos finalistas, que levaron senllos xoguetes tradicionais para que iniciasen as súas coleccións persoais, estes recaeron en Iker Pérez de 10 anos de 5º curso e Hugo García de 6º curso de 12 anos.
Finalmente tanto profesores/as como alumnos/as agradeceron a Ricardo Pérez e Verdes a xornada realizada, segundo eles, excedera con fartura, con aquelas opinións que lles chegaban sobre o MELGA. Seguro que volveremos o ano próximo ¡
Partindo do museo o grupo desprazouse ao Piñeiral de Balarés, onde alí realizaron un picnic e seguidamente desprazáronse á vila de Vimianzo para ver o seu castelo medieval e así finalizar a intensa xornada cultural por estas terras da provincia da Coruña.
Leave A Comment