UN GRUPO DE JOVENES LUCENSES FAN PARADA NO MELGA NUN PERCORRIDO POLA COMARCA DE BERGANTIÑOS

Esta mañá, martes día 13 de xuño-23, recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, un grupo de sesenta novos, cuxas idades correspondían entre os 12 e 14 anos, de primeiro, segundo e terceiro da ESO do IES. Lucus Augusti da cidade de Lugo. Todos eles viñan acompañados polas súas profesoras de Xeografía e Historia aPaz Fernández e Branca Castro que exercía de representante do centro e coordinadora do Departamento do centro escolar. 

A visita á nosa terra, despois de varias horas de traxecto, tiña tres funciones fundamentais: primeiro coñecer Ponteceso (nunca estiveran no noso concello) e a comarca de Bergantiños, segundo visitar o MELGA e en terceiro lugar aplicar os coñecementos adquiridos neste cuadrimestre, na nova materia de “Actividades Complementarias”, dentro da programación da curricula de Historia, xa que neste período escolar, tratouse na aula a historia dos xogos e xoguetes a través dos tempos. 

Como é de supoñer, viñeron ao lugar adecuado para realizar ese traballo de final de curso docente. Aínda que a visita guiada foi curta, só dúas horas xustas, xa que tiñan que aproveitar o tempo para observar outras actividades, os bolígrafos, os cadernos, os móbiles, as tablet, etc. estaban a máxima potencia, apuntando todo o que o noso guía expoñíalles e explicaba. Con todo fíxose un percorrido rápido por ambas as salas expositivas e o grupo participou práxicamente en varios xogos planificados. Un grupo de mozos altamente participativos e interesados, sabendo das idades complicadas da adolescencia na que se atopan. Bravo! As profesoras comentaron a Ricardo Pérez: “Que estaban alucinadas, que como era capaz de manter a atención durante dúas horas de visita cos nosos alumnos/as. Iso significa que estaban encantados da mesma”.

Despois da visita guiada, todos trasladáronse á praza (Recheo), para partir co técnico turístico Javier Couto, realizar un roteiro pondaliana polo noso concello. Finalmente despois de xantar no Piñeiral de Balarés, dirixíronse ao municipio de Cabana para desfrutar do Castro de Borneiro e o Dolmen de Dombate. 

Unha xornada intensa e seguramente esgotadora dun martes-13 (mala sorte), aínda que todos eles, atopábanse ditosos e con boa sorte, de ter a ocasión de complementar os seus ensinos e adquirir máis coñecementos, nunha experiencia educativa modélica. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.