Hoxe, venres día 16 do presente mes de febreiro-24, tivemos a visita guiada pola mañá co centro docente pontecesán do CEIP. Eduardo Pondal, ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). En total foron media centena de alumnos/as os que nos visitaron.
A xornada matinal foi planificada en dúas sesións, unha PRIMEIRA VISITA con “peques” de 3 anos de idade de ensino infantil, era a súa primeira vez en visitarnos, un total de 20 compoñentes, que viñan acompañados das súas profesoras-titoras Susana Couso e Sarai Pico.
A sesión teórico-práctica foi de aproximadamente dúas horas, de 9,30 a 11,30 h. xa que ao ser un grupo de tan curta idade, de acurtamos a extensión da mesma e só planificaramos para a súa presentación a primeira sala do museo, a de Xogos e Deportes Tradicionais, por motivos de atención e cansazo.
O comportamento do grupo foi excelente e todos desexaban participar de todos os xogos. Foi moi gratificante. Todos saíron encantados do visto e escoitado na mesma.
Leave A Comment