Na mañá de onte luns 09 do presente mes de decembro, un grupo escolar numeroso, máis de setenta persoas, do CEIP. Ramón Otero Pedrayo da Laracha, acompañados das súas profesoras-titoras Silvia González, Jenifer Gutierrez, Vanes Casado e Paula Blanco como coordinadora, visitáronnos por segundo ano consecutivo, por estas mesmas datas, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Os alumnos e alumnas do centro docente correspondían aos tres grupos (1ºA-1 B e 1º C), en idades de 6 anos, do ciclo de primeiro de primaria infantil. Algúns dos discentes repetían “encantados” a visita guiada, pois o ano anterior a experiencia gustáralles moito.
A visita tivo unha duración de mais de tres horas (cun intermedio de descanso para recuperar forzas), polas salas expositivas do museo, atendendo as explicacións que alí se transmitían e practicando con todos os xogos seleccionados. Tentáronse bater algúns das marcas establecidas nos diferentes xogos, pero foi imposible baternos, aínda que o empeño foi grande pola súa banda.
O campión da visita foi o neno de 6 anos Rubén Ordoñez, que levou o agasallo da colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas, que a dirección do museo ten por costume entregar, e que moitos desexaban levar, aínda que non fosen os vencedores.
Leave A Comment