O grupo docente de alumnos e alumnas do CEIP Ponte dos Brozos, do próximo municipio de Arteixo (A Coruña), visitáronnos esta mañá por primeira vez na historia do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Os visitantes (un total de oitenta) que se achegaron ao museo en xornada matinal, correspondían a tres grupos (A-B e E) de cuarto de Primaria (9 e 10 anos de idade) e viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Paula Álvarez, Emilia Rodríguez, Beatriz Lapido e Susana Esmorís, como profesora de educación física, organizadora e representante do centro.
Aínda que a sesión estaba programada para tres horas, a mesma foi “un visto e non visto” xa que, por causas alleas á organización da excusión ao museo, truncouse coa avaría dun dos autobuses na metade da autoestrada, a chegada foi de case unha hora de atraso. Se a isto engadimos que o adianto da saída que tivo que ser adiantada, a visita guiada converteuse nun descanso prolongado. Só púidose realizar en condicións (ambos os grupos) as prácticas dos xogos de exterior coa monitora Jessica Pose, mentres a choiva deixábanos executar as probas de tradición e unha parte pequena da primeira sala co noso guía, a correspondente á vitrina dos entretementos e os xogos de forza, tanto no seu aspectos teórico como prácticos.
A desilusión foi tan enorme por parte de todos, que solicitaron á dirección do centro, que puidesen regresar ao museo antes de finalizar o curso académico. De todas maneira, a escasa hora e media que estiveron entre nós gozárono ao máximo e moi contentos de coñecer o MELGA. Profesores e alumnos brillaron a unha gran altura con respecto á disciplina e interese depositado en todo. Un magnífico grupo. O premio da visita guiada levoullo a nena Mar Naveira de 10 anos.
Desexamos que mañá (05 maio 23) non exista ningún contratempo, xa que recibimos de novo ao centro, pero con dous grupos (C e D) do mesmo ciclo de cuarto de primaria.
Leave A Comment