Este primeiro domingo día 04 do mes do presente mes de agosto-24, tivemos unha visita moi especial, inesperada e por tanto moi sorpresiva no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Tratábase dun matrimonio uruguaio, que nestes momentos atópanse gozando das súas vacacións estivais na próxima vila de Laxe. Os ilustres visitantes presentáronse a Ricardo Pérez director do MELGA, como Ana Cabrera e Eduardo Muñíz, residentes na suramericana cidade de Punta do Leste, Maldonado (Uruguai).
Ana Cabrera é coleccionista de bonecas antigas de todas as épocas, sobre todo os siglos XIX e XX, superando os seus fondos máis de 1.000 diferentes, sendo sen dubidalo, esta colección que posúe unha das mellores ou máis importantes e destacadas do país charrúa. Neste momento ditas pezas atópanse catalogadas nunhas vitrinas do seu domicilio particular. Eduardo Muñíz pola súa banda, pertence ao mundo cultural e patrimonial do país, xa que foi durante máis de 20 anos Conservador do Museo Nacional de Uruguai, é dicir, restaurador de bens culturais e museísticos, preservación de obxectos, divulgación, investigación e exposición. Sen dúbida este matrimonio forman un tándem excepcional.
O motivo da vinda ao MELGA non era outra que o coñecer de primeira man, o noso museo e ao mesmo tempo reunirse co seu director para obter información sobre o proxecto levado a cabo durante estes últimos anos, pois as referencia que tiñan eran excelentes, ademais as súas pretensións e proxectos eran crear, nun período a medio prazo, un “Museo de Xoguetes de Bonecas” na súa terra coas características, liñas funcionais e obxectivos parecidos ao noso.
Como o tempo dispoñible para este día no museo (crían que era máis pequeno, que os que habían visitado xa o de Ourense e o de Lalín), tomárono como un primeiro contacto, aínda que hai que destacar que foi inmensamente aproveitable, frutífero e gratificante, aínda que irremediablemente curto. Aínda quedaban uns días de asueto polas nosas latitudes, o noso director comprometeuse en manter varias reunións antes da súa partida cara ao seu país e ao mesmo tempo manter unha comunicación permanente a través das redes sociais.
Cremos polas afirmacións de Ana e Eduardo, que marcharonse do MELGA a plena satisfacción e que lles gustaba moito a súa estruturación e localización, aínda que se presupoñían que as características de ambos os museos diferían moito na temática para desenvolver, pois un só era monográfico sobre un xoguete (bonecas) e o outro, o noso, era moito máis amplo e global tratando sobre os xogos e deportes tanto tradicionais como modernos. Como era lóxico, o que máis lles gustou aos nosos visitantes foi a colección de bonecas da antigüidade confeccionadas de material de terracota, madeira, porcelana ou marfil de Exipto, China, Grecia, Roma, Mesopotamia, ou a India, que se atopan todas elas expostas nas nosas vitrinas do museo
Finalizada a visita, ambos asinaron no “Libro de Ouro” do museo, levándose unha gran impresión deste pequeno, modesto e orixinal museo, como é o MELGA, situado no concello de Ponteceso (A Coruña) España.
Leave A Comment