Con motivo das festas patronais da Barquiña de Ponteceso, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Comisión de Festas, o vindeiro sábado día 08 de setiembre do presente ano ás 17,30 h. na empinada costa do Campo da Feira levará a cabo a primeira actividade tradicional das festas, a esperada e atractiva V Baixada de Carretas, Carros e Carrilanas, que todos os anos por estas datas desenvólvense no devandito lugar.
O patrocinio das probas de velocidade e de resistencia a desenvolver, por primeira vez, correrán a cargo do Concello de Ponteceso e da Deputación Provincial da Coruña, que achegarán a infraestruturas da actividade, así como os trofeos concedidos aos diferentes vencedores das probas en cada sección e categoría.
Aínda que a organización da “baixada” dispoñerá dalgúns transportes de competición, para o seu préstamo, cada un dos competidores deberá achegar o seu vehículo, exclusivamente de madeira, e o seu casco correspondente. Cada competidor poderá realizar a súa actuación nas tres modalidades. Necesario e obrigatorio o inscribirse, por teléfono ou correo electrónico, o venres día 07 antes das 14,00 h, no MELGA (Centro Cultural) ou no concello. Para calquera información non dubidar en solicitárnola previamente. Esperámosvos! Preparados, Listos,Xa!
Leave A Comment