O vindeiro sábado día 05 do presente mes de agosto-23, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, desprazarase á aldea de Riobó de Cabana de Bergantiños, con motivo da celebración do XIV edición das Noites do Medioevo.
Esta será a QUINTA ocasión que a Fundación e o museo son convidados polo Concello de Cabana de Bergantiños, a participar no devandito festival lúdico-cultural e turístico da zona cabanesa, onde os xogos e deportes tradicionais da Idade Media son sempre protagonistas, como todos os anos. A sesión será vespertina de 18,00 a 21,00 h. no campo de xogos, situado no centro neurálxico da aldea. Non será imprescindible vestir con roupa de época, pero se algún o desexa será moi ben recibido.
Todos aqueles que desexen participar no devandito evento, están convidados de forma libre e gratuíta, e por suposto, serán moi ben recibidos polos monitores especialistas na materia lúdica. Haberá xogos de taboleiro, xogos de forza, de habilidade, destreza, de precisión, etc. e algunhas novidades e sorpresas, que como saben, cada ano tentamos presentar novidades, para que todos aqueles que queiran evidenciar as súas magníficas habilidades doutra época moi afastada, alí poderano demostrar. Remitimos o cartaz anunciador da actividade nun arquivo adxunto. Será unha xornada medievalista ao grande. Esperámosvos!
Leave A Comment