Un grupo dunha vintena de nenas da Asociación Altair Galizia- Seteportas de Santiago de Compostela cos seus monitores Branca, Brais e David, visitaron o MELGA este primeiro sábado do mes de abril.
Curiosamente, foi a primeira vez que un grupo visitante compoñíano soamente por nenas, en idades comprendidas entre os 10 e 14 anos. Hai que destacar que entre o grupo atopábanse dúas nenas rusas (O director do centro departiu con elas explicándolles diferentes xogos da súa terra, descoñecidos para elas, xa que son segunda xeración en Galicia).
Despois de dúas horas e media de visita ao museo, a asociación se trasladou ao Monte Branco e ao piñeiral de Balarés, onde desfrutaron da paisaxe, de xogos e do xantar correspondente.
Comments are closed.