Por estas datas, un ano máis (pleno dous de dous), os alumnos/as de segundo grao da Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela, coma ten xa establecido no seu programa de actividades culturais, lecer, deporte, etc. sua cita anual o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga).
Nesta ocasión, a xornada lúdica foi en sesión vespertina (16,00-18,30 h.) e os alumnos/as foron en número superior o ano anterior, acadando case medio centenar de participantes. Ao mando da expedición, como sempre, estivo o profesor da disciplina de Experiencias e Recursos en Educación Social, ademais de ser o director do galego Xornal da Educación e presidente da Asociación Internacional de Investigación libros de texto e multimedia da Educación (IARTEM), Jesús (Suso) Rodríguez Rodríguez.Por motivos de axenda, o tempo adicado a visita (dúas horas e media) foi, segundo comentarios, pensamos un pouco curta, pero … tiñase que respetar a planificación, xa que aínda lle qedaba por coñecer a casa de Eduardo Pondal, o Monte Branco, a praia de Balarés e o Dolmen de Dombate. Todos os estudantes universitarios quedaron impresionados das instalacións e pezas museísticas e sobre todo o seu gran interese pola temática, abordando ao guía con constantes preguntas, para así poder conseguir ter os máximos coñecementos, de primeira man, da historia do Patrimonio Lúdico de Galicia e do mundo.
Como anécdota final, ao grupo uníronse varias persoas particulares de Nantón e A Coruña. Acompañaba a devandito pequeno grupo, unha nena chamada Rebeca que, con cámara ao ombreiro, caderno e bolígrafo “apuntaba” todo aquilo que facía referencia aos xogos e deportes da zona (Ponteceso). Segundo comentounos a súa nai despois da sesión teórico-práctica, que se desprazaron desde a “Cidade de Cristal”, unicamente coa intención de realizar un traballo escrito e gráfico, sobre o observado nas vitrinas do MELGA, ao profesor de educación física do seu colexio, para a súa cualificación final. Creo que estamos en bo camiño coa nosa capacitada mocidade. O importante e destacado da visita de hoxe foi, que os futuros ensinantes galegos, demostraron o gran descoñecemento, baleiro e pouca dedicación que existe nas nosas estruturas universitarias, sobre a cultura tradicional en xeral.
Leave A Comment