No día de onte, luns 14 de marzo de 2016, sobre as 17,30 h. da tarde, o presidente da Fundación e director do Museo Etnolúdico de Galicia Ricardo Pérez e Verdes, tiven o gran honra de recibir no MELGA, por sorpresa, ao Secretario Xeral para ou Deporte JOSÉ RAMÓN LETE LASA.
O motivo foi o compartir connosco unha sesión lúdica guiada para coñecer in situ o museo dos xogos e deportes tradicionais de Ponteceso e ao mesmo tempo manter unha primeira reunión, para tratar asuntos relacionados coa posta en marcha de varias actividades que temos en carteira e que competen ás nosas entidades, á Secretaría Xeral e á Xunta de Galicia. Este encontro, por problemas de axenda, xa fora posposto en varias ocasións. A próxima semana, segundo o secretario xeral, en Santiago de Compostela, se retomará de novo dita reunión para profundar nos asuntos iniciados no día de onte.
Finalizada a súa visita, o Secretario Xeral para o Deporte, tivo a ben o asinar no Libro de Honra de visitas, destacando o gran labor lúdico, cultural, docente e recreativa que levamos a cabo, as magníficas instalacións e o patrimonio museístico exposto. Tamén comentou que transmitise no seu nome, as felicitacións á corporación municipal do Concello de Ponteceso, por ter o acerto de situar neste municipio un centro cultural e lúdico de tan alta categoría, sendo orgullo e referente, sen dubidalo, a nivel galego, nacional e mundial.
Leave A Comment