Unha inesperada e magnífica sorpresa tivemos no día de onte luns 7 de agosto no MELGA, pois nin máis nin menos que recibimos nas nosas instalacións museísticas a Fernando Álvarez de Sotomayor León (neto do ilustre pintor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor), á súa esposa Carmen da Roda Toro e aos seus amigos Elias Monsalve e á súa esposa Mar Oleiro, da cidade de Madrid, para realizar unha visita guiada ao museo, despois dun alto no camiño, das súas vacacións estivais no Pazo de Sotomayor (Casa Nova do Pombal) en Sergude (Xornes-Ponteceso)
Despois de dúas horas de percorrido polas salas do MELGA, interesándose polas explicacións dadas polo anfitrión e participando en varios xogos galegos tradicionais, o director do mesmo, respondeu unha a unha a todas as preguntas e dúbidas que lle formulaban os ilustres visitantes. Nin que dicir ten, que non sendo especialistas na materia, a súa ampla cultura e interese, a xornada resultou dun gran nivel de intercambio de coñecementos, sendo en grao sumo frutífero e proveitoso a sesión. Finalizada a visita, o grupo transmitiu a Ricardo Pérez e Verdes, a agradable e extraordinaria visita que realizaran, así como o pozo de “sabedoría” que naquel lugar respirouse.
Pero aínda había máis cousas destacables que expoñer, pois Fernando Álvarez de Sotomayor, tamén sorpresivamente, achegaba e doaba aos fondos da Fundación, para a súa exhibición nas vitrinas do MELGA, de tres fusiles de submarinismo dos anos 50-60 e 70, de aire comprimido das marcas Nemrod, Coppilini e Gaucho.O presidente do Padroado da Fundación expresou o seu inmenso agradecemento, xa que por segunda vez, Fernando e Carmen demostraran unha gran xenerosidade e altruísmo cara á nosa entidade, xa que alá polo mes de xullo do ano anterior de 2016, xa nos obsequiaran, con varias pezas de caza para o museo. Hai que lembrar que Fernando Álvarez de Sotomayor é e segue sendo un gran especialista “empedernido” pescador e cazador, famoso pola dirección e produción da serie, que tanto éxito tivo en televisión española, fai xa máis de vinte anos de “Jara e Sedal”. Por iso, os obxectos con que Fernando ha contribuído a engrandecer o fondo museístico, teñen un valor moi especial, histórico, valioso e sobre todo sentimental e emocional. Grazas Fernando e Carmen polas vosas achegas. Esperamos que moitas persoas únanse a vós, para que entre todos podamos recuperar, preservar e difundir o noso Patrinonio Lúdico e Inmaterial de Galicia a través da Fundación e o MELGA.
Leave A Comment