É a primeira vez desde a nosa inauguración, por iso é inusual, que un mesmo grupo cos mesmos compoñentes veña ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) nun período non superior a un mes, que repite visita guiada, porque segundo comentarios das profesoras acompañantes, na anterior sesión, os nenos e nenas que nos visitaron non puideran realizar ao completo a divertida e lúdica xornada de xogos e deportes tradicionais. Tanto foi a insistencia por parte do alumnado que o grupo do Centro Social da Sacra Familia da Coruña, reiterou a súa asistencia ao centro museístico. As monitoras Lucía Garea e Begoña García acompañaron á trintena de nenos e nenas do barrio coruñés. Un grupo moi diferentes en idades ( de 4 a 14 anos) e de diversas nacionalidades (marroquís, chinos, senegaleses, ecuatorianos, venezolanos, galegos, etc.)
Todos os compoñentes, informáronnos, que adestraran moito durante este período na súa sede socia, l para tentar bater algunha marca sobre os xogos realizados na primeira visita. E a constancia tivo os seus froitos e así se demostrou batendo o record dos castelos de pinzas, cunha altura de 36 pisos estables, excedendo a anterior marca de 25 plantas.
Como moitos dos xogos volveron repetir, o guía do museo, engadiu á sesión práctica outros xogos distintos, evitando a rutina anterior, tales como: o elefante, a carreira de pa e ovo, os aros voadores, as tabas, zumbones e outros. Nin que dicir ten que os xogos aplicados entusiasmaron a todos, pois eran novos para todos eles.
Durante a sesión matinal, un gran número de visitantes (turistas) doutras localidades, uníronse nalgún momento ao grupo e gozaron conxuntamente das explicacións e práctica dos xogos, aínda que a súa visita era particular ou xeral.
Seguimos crecendo día a día e estamos a ser un referente na Costa da Morte no que respecta a museos de área de influencia. Grazas a todos e sobre todo aos medios de comunicación que están a facer unha constante difusión do MELGA, para que chegue o noso pequeno museo, a todos os recunchos de Galicia e de España.
Leave A Comment