Despois de meses da seu reserva de visita guiada e ao mesmo tempo da posible doazón á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao MELGA, da colección de xoguetes da familia Rodríguez Díaz, veciños de Oleiros (A Coruña) e aproveitando o acto que se ía a realizar, a Concellería de Cultura e Política Lingüística do devandito concello programou, baixo a coordinación e organización da conselleira dona Esther Garrido Pan e da técnico de cultura Reyes Caparros.
Sobre ás 18,00 h. o director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) deu comezo a visita cun grupo de preto de corenta persoas todas elas adultas. Aínda que a sesión estaba programada para unha hora e media como moito, xa que a excursión partira de Oleiros sobre as 08,00 h. da mañá, desprazamento en bus, ruta de sendeirismo polo río Anllóns, Monte Branco, Corme, Roncudo e cruceiro dá serpe, etc…, case nada, e debido ao inmenso interese que expresaron ao guía e ás súas organizadoras, o grupo aínda contando cun esgotamento visible, os compoñentes do grupo decidiron continuar a xornada ata preto das 21, 30 h. aproximadamente da noite. Un grupo cun gran nivel cultural e de coñecementos. O único que deixaron como orientación para o ano que vén, foi que sen dubidalo realizarían a xornada de actividades ao revés, primeiro a visita ao Museo para aproveitamento dos máximos coñecementos e da práxica dos xogos e deportes tradicionais e a continuación a xornada de sendeirismo e actividades turistico-gastronómicas da zona.
Os parabéns e felicitacións foron contantes, durante a visita e final da mesma, cara á institución e á súa dirección por parte de todos os compoñentes do grupo, incluíndo a conselleira e técnico do Concello de Oleiros (A Coruña), da cal sentímonos altamente compensados.
Leave A Comment