Facía uns días que a Televisión de Galicia solicitáranos a posibilidade de realizar unha reportaxe sobre o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), situado no concello de Ponteceso e o mesmo materializouse o pasado mércores do presente mes de xullo en xornada matinal. A sesión durou varias horas pois o seu desexo era, aínda que privadamente, realizar unha visita guiada intensa por todas as salas do museo co noso director.
A reportaxe foi dirixido e presentado pola redactora do medio LARA SANTOS, que aproveitando o percorrido da mesma, non deixou de retar ao noso guía oficial, para gozar de varios xogos tradicionais nas salas expositivas; non faltou o xogo do sapo, as peonzas, os embocabolas, a carreta, os zumbones, tiratacos, aros, a corda, a mariola, etc. que demostraron o difícil que nalgunhas ocasións un xogo moi sinxelo, é inmensamente dificultoso se non se exercita, pero…ben ou regular os recordos da infancia sempre se toman con moita nostalxia e agrado, aínda que se perda o desafío.
O documental, despois da súa montaxe, será presentado proximamente na televisión galega, para todo o público en xeral e seguidamente o MELGA, poñerao ao dispor de todo aqueles que desexen coñecelo, como medio divulgativo e promocional.
Leave A Comment