Mañá venres do 1 de abril o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) terá unha visita guiada moi importante.
Durante toda a mañá está programada unha expedición de alumnos/as, ex-alumnos e profesores/as da Facultad de Ciencias del Deporte y de la Educación Física (INEF-Galicia) de la Universidade da Coruña, para visitar por primeira vez o noso centro museístico. O excepcional e importante desta recepción, non é outra que o director do MELGA Ricardo Pérez e Verdes, terá a ocasión de reencontrarse despois dalgúns anos con antigos alumnos/as e a moitos dos seus compañeiros, profesores/as do centro universitario, e con eles poder compartir recordos e actualidade das súas actividades profesionais. Será sen dubidalo unha gran xornada cultural e lúdica.
Leave A Comment