Este domingo pola tarde día 15 de setiembre-24, a coñecida blogueira Olaya López viaxou coa súa familia (esposo, fillo NICO e a súa cadela) ata Ponteceso, para visitar o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Antes de chegar ás nosas instalacións museísticas, Olaya López, percorreu durante toda a fin de semana (14 e 15) os seguintes lugares de promoción turística da Costa da Morte: a área recreativa de Gabenlle (Laracha), a praia carballesa de Razo, a Fervenza de Mazaricos, o ecomuseo Forno do Forte de Buño (Malpica) e finalmente o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza estas viaxes #CostaDaMorteEn Familia, a través dun convenio de colaboración con Turismo de Galicia. Nesta viaxe convidou á blogueira Olaya a gozar de diferentes actividades de turismo familiar polos devanditos concellos.
Segundo palabras de Olaya e o seu esposo, non deixaron de encomiar o museo, pois era a súa primeira visita ao mesmo, polo seu espazo, polas súas pezas, pola súa estruturación, pola súa señalética, etc. pero sobre todo pola súa interactividade en poder xogar coas distintas pezas expostas para tal motivo. Aínda que o tempo que dispoñían era limitado, pasaron máis de dúas horas no percorrido do mesmo, non deixando de captar imaxes e vídeos en todo momento para a súa difusión posterior e compartir cos seus seguidores as aventuras en familia nas redes a través da súa conta de Instagram @olayismo. Tanto o seu esposo, o seu fillo NICO e ela mesma, xogaron plenamente cos diversos xogos expostos para iso. Un día extraordinario e moi sorpresivo!
Atopándose nese momento o director do museo nas instalacións museísticas, os visitantes nalgúns momentos do percorrido, foron acompañados por Ricardo Pérez e Verdes, nun rápido percorrido polas salas do museo explicándolles aquelas dúbidas e cuestións interesadas na historia dos xogos e deportes tradicionais e modernos.
Despois da “rápida” estancia no museo, os visitantes trasladáronnos que esta non sería a última vez en volver, pero na próxima ocasión unha visita guiada ao completo co anfitrión do mesmo, que fora unha das mellores ocasións para realizar unha xornada lúdica en familia e sen dúbida, unha cita obrigada e recomendable de toda a zona da Costa da Morte. Que gran ocasión pérdense aqueles que aínda non coñecen o MELGA en Ponteceso! Necesaria e imprescindible a referencia!, comentou Olaya na súa despedida de nós.
Leave A Comment