Na mañá de onte mércores 24 do presente mes de novembro, o centro escolar CPR. Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cée, cun grupo de trinta alumnos e alumnas de 5º de primaria (de 10 anos de idade), visitaron por terceira vez, as anteriores visitas foron no 2018 e o 2020, acompañados dos profesores-titores Eduardo Rodríguez e José María Canosa e de Belén profesora en prácticas.
Antes do comezo da sesión museística, o profesor Eduardo Rodríguez, fixo entrega ao noso director e guía do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), dunha peza orixinal dunha perindola de papel, realizada pola totalidade dos alumnos/ as do curso, nunha clase práctica de papiroflexia. Debemos comentar, que xa existe nas nosas vitrinas, na colección de buxainas, buxainas, perinolas e perindolas, unha magnífica buxaina de papel, que leste mesmo profesor e os seus alumnos/ as entregaron no ano 2020. Agradecementos e como non, será tamén exposta no museo.
Como o tempo dispoñible para a visita era aproximadamente de dúas horas, soamente púidose realizar, teórica e practicamente, en profundidade a primeira sala, os denominada xogos e deportes tradicionais, deixando para o próximo ano a visita da segunda sala, aínda que na mesma, realizouse unha visita rápida por toda a sala.
Un grupo extraordinario tanto en interese, atención e participación, executando todos os xogos tradicionais cun carácter moi competitivo, especialmente os galegos, presentados alí polo guía. A nena Irene Fernández de 10 anos, foi a que se alzou co premio da visita guiada, cunha pequena colección de diferentes modelos de elementos giratorios.
Leave A Comment