VISITAN O MELGA ALUMNOS/AS DO CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE

Preto dunha vintena de integrantes do Curso de Monitores de Tempo Libre do municipio de Laxe, que programa anualmente o Centro de Formación e Lecer. COLAXE, achegáronse no día de hoxe (11/07/23), ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo. Os futuros monitores estiveron acompañados pola profesora Paula Fondo coordinadora e representante do centro e da actividade, pois xa que nesta ocasión, a súa directora Natali Asorey, non puido asistir, como no ano 2021, por problemas persoais

A sesión ao museo, era unha das moitas actividades que o curso tiña planificadas dos futuros animadores lúdico-culturais, ademais da relación que o mesmo ten nos ensinos recreativos, co mundo do xogo e o deporte tradicional durante o Tempo Libre e o Lecer. 

A duración da xornada foi moi xenerosa, non como hai dous anos (2021) que debido á pandemia foi un pouco menos extensa. Tanto a profesora como o alumnado en xeral, quedaron extraordinariamente satisfeitos polos coñecementos adquiridos e polas prácticas que exerceron sobre os xogos tradicionais galegos planificados. A primeira e segunda sala foron abordadas ao completo, tanto no seu aspecto teórico como práctico, cunha duración aproximadamente superior ás tres horas de percorrido e aínda así pareceulles algo curta polo interese que lles proporcionaba a mesma para os seus futuros ensinos, despois do curso que van rematar.

 Un grupo inmensamente participativo e interesado na temática, onde soamente había catro alumnos e os demais eran alumnas. As súas idades correspondían entre os 18 e 22 anos de idade. A dirección do museo, a través do seu fundador Ricardo Pérez e Verdes, agradeceu a todos os visitantes a súa participación, transmitíndolle a través da profesora Laura Fondo, o agradecemento á escola, polas súas citas anuais ao noso centro museístico, como ampliación e preparación das súas actividades curriculares docentes. Parabén pola devandita decisión tomada! 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.