Esta mañá, última fin de semana do mes de maio, tivemos a oportunidade de recibir, por primeira vez, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, a medio centenar de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Vila de Cee (A Coruña) (anteriormente CEIP Eugenio López), de 3º de primaria (cursos A e B) cuxas idades corresponden aos 8 e 9 anos de idade do ensino infantil. Todos eles estaban acompañados dos seus profesores/as titores Ana Sánchez profesora de Música e Almudena Feal e Jorge Abelleira que exercía de representante do centro e coordinador da actividade.
Máis de tres horas de visita guiada polo recinto museístico pontecesano, deron nesta ocasión, para profundar nos coñecementos sobre os xogos e deportes de Galicia, España e do Mundo e ao mesmo tempo, ao ser un grupo alcanzable, realizar as prácticas da totalidade dos xogos de interior programados para a sesión lúdica. Con tal motivo, estreamos algúns xogos que aínda non expuxeran aos grupos que nos visitaron este ano, por exemplo a “buxaina voadora”, da cal todos, que desexaron probala, quedaron encantados. Tamén o flipper, as boleadoras, o limbo, o billar, etc. fixeron da xornada unha diversión festiva de recreación e competición.
Aínda que o tentaron con toda a súa paixón e habilidade posible, non se conseguiron ningún “record” de cada un dos 25 xogos realizados durante a sesión, nin tampouco houbo vencedor da sesión, pero en cambio fíxoselles a ambas as aulas uns agasallos para que inicien a súa colección de xogos tradicionais. Despois de finiquitado a visita guiada, todos os compoñentes do grupo, xantaron ao aire libre nun día espectacular, no campo de xogos exterior de herba do Centro Cultural, onde se atopa o MELGA, continuando os seus retos e desafíos con aqueles xogos, que momentos antes, desenvolveran nas salas do museo.
Toda unha xornada memorable, onde tanto escolares como profesores, participaron dunha “excursión” de fin de curso, recordable pola súa orixinalidade, o seu aspecto cultural e patrimonial.
Leave A Comment