Desexamos informarvos que o vindeiro domingo día 22 de maio de 2022, dende as 10:30 horas da mañá, celebrarase o X Aberto de Billa nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural/MELGA do concello de Ponteceso. Ao mesmo tempo desenvolverase a decimocuarta e última xornada da liga Nacional de Billarda da Conferencia Noroeste. A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a Confederación Noroeste de Billarda e a colaboración do Concello de Ponteceso. Sabedes que desde este momento estades todos/as invitados/as a participar e acompañarnos nunha sesión deste xogo ancestral. A participación é gratis, só hai que inscribirse e traer o palán e a billa. Haberá excelentes premios.
Agardámosvos!
Leave A Comment