Estimado/a amiga/o:
Achégoche o cartel anunciador da nova actividade que a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Museo MELGA de Ponteceso vai desenvolver o vindeiro sábado día 30 de xullo do presente ano, no Concello de SADA (A Coruña), do II Roteiro de Bicicletas Clásicas e unha exposición das mesmas, dende as 11:00 h. ás 20:00 h. aproximadamente. O paseo/roteiro está incluído dentro da programación da XI FEIRA MODERNISTA.
Como de costume e preceptivo, deberás portar unha bicicleta clásica e unha indumentaria axeitada á época para representar.
Desde este momento quedas convidado/a á devandita xornada lúdico-festiva, ben como participante ou como espectador.
Será un pracer o recibirvos e acompañaros.
Un cordial abrazo. Ricardo Pérez y Verdes
Leave A Comment