A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) desprazáronse á localidade de Cerceda (A Coruña) para celebrar o II Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos. A xornada celebrouse no magnífico pavillón polideportivo municipal e o mesmo ía dirixido ao CEIP. O Cruce, con mais de 250 nenos e nenas de educación infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-11 anos).
En xornada matinal, cunha sesión teórico-práctica de mais de 4 horas, o noso director Ricardo Pérez e Verdes, organizador do evento, foi acompañado das monitoras Jessica Pouse e Myrella Ventura, mestras de educación infantil.
A sesión, que era a segunda xa que a primeira foi alá polo ano 2017, realizouse en tres versión, adaptando todos os xogos ás idades dos participantes. Primeiramente actuaron o grupo de nenos/as mais pequenos (3-5 anos), a continuación os medianos de 1º-2º e 3º curso (6 a8 anos) e finalmente os de 4º-5º e 6º (9 a 11 anos). Todos eles realizaron unha quincena de xogos individuais e catro xogos globais.
Tanto alumnos/as como profesores/as do centro, participaron de todos os xogos alí programados, aínda que con tempo insuficiente, comprobando as habilidades que dispoñían para desenvolver os devanditos xogos tradicionais.
O festival foi un éxito de participación e de entusiasmo por parte de todos os asistentes ao acto de final de curso escolar. A diversión matinal foi constante e moi festiva.
Finalizou o acto con: Felices vacacións de verán !!!
Leave A Comment