Xornada matinal do Melga no Festiletras

Dentro das diferentes actividades programadas desde o día 1 ao 5 do presente mes de setiembre para o Festiletras-21, onte domingo tivemos a ocasión de participar, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), o ser convidados outro ano mais, por José María Varela “alma pater” da este magno acontecemento das ciencias, as letras, a música, o lúdico, a artesanía, etc . que organiza tan extraordinariamente a Fundación Eduardo Pondal e o concello de Ponteceso, na parroquia do Couto (Ponteceso).

Xornada matinal do Melga no Festiletras

Nunha mañá esplendorosa típica de verán, a nosa xornada matinal (de 11,00 a 13,00 h) tivo lugar na praza central do Couto cunha gran variedade de xogos tradicionais, onde nenos/ as, novos e maiores tentaron probar algúns dos devanditos xogos (coñecidos e descoñecidos), para comprobar as súas habilidades e outros como espectadores, para observar o desenvolvemento da propia actividade lúdica.

Non faltaron os xogos de locomoción como as carreiras de tartarugas, de multi- esquies, de aros, os zancos e o zurriagazo; os xogos de habilidade como o prato, a estrela, a pesca, a ra, o sapo, os buracos, a hélice, a culler, o imantado; os de forza como o cayado, o anel, etc. Unha sesión de xogos tradicionais exitosa nun marco incomparable, cuxa asistencia en xeral foi importante, onde os nenos e os mozos destacaron na súa participación sobre as persoas maiores.

 

 

Como nota destacada da sesión, é que sorpresivamente recibimos durante a sesión práctica, ao noso alcalde Lois García Carballido, que nos acompañou durante un bo espazo de tempo, pero non só como espectador, senón como participante activo nos varios xogos alí expostos, ao cal agradecemos persoalmente, a través do noso director, a súa deferencia coa nosa humilde institución, pola súa presencia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.