Participación do MELGA nas xornadas sobre museos en Galicia

Onte xoves día 14 do mes de novembro do presenta ano 2024, os representantes dos diferentes museos, centros museísticos e centros de interpretación cultural de Galicia, foron convocados pola Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade, a Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos e a Dirección Xeral de Cultura, para asistir a unha intensa Xornada sobre “A Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia desde as experiencias do sector”.

A sesión foi presentada en extraordinario Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. O acto compúxose de sesión matinal e vespertina, desde as 9:30 h. da mañá, ata as 18:00 h. aproximadamente.

A temática desta Xornada, na súa terceira edición, centrábase nos diversos aspectos relacionados coa Lei de Museos e Centros Museísticos entre eles, dos procedementos relacionados coa integración de centros museísticos no Sistema Galego de Centros Museísticos no novo marco normativo de aplicación e sobre as experiencias que asumiron os representantes de varios museos galegos na súa historia persoal.

Pola parte institucional, a inauguración e presentación das Xornadas estivo a cargo de Anxo M. Lorenzo Rodríguez, Director Xeral de Cultura, dando a benvida ao público asistente que enchía o Salón de Actos. A continuación tomaron a palabra María Carmen Calviño Rodríguez, Subdirectora Xeral de Arquivos e Centros Museísticos, realizando unha exposición breve sobre o balance de aplicación desta lei en Galicia e para finalizar Marta Bermúdez de Santiago Xefa do Servizo de Centros Museísticos, que disertou sobre as novidades normativas no sector museístico de Galicia e os trámites para pertencer á Rede de Museos Galegos.

Despois dunha breve pausa, iniciáronse as intervencións do Concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, José Antonio Ponte Far que nos presentou o futuro museo ferrolán a inaugurar posiblemente a principios do ano próximo 2025. O título do seu relatorio foi: “Un museo para unha cidade que ten moito que mostrar”. Como curiosidade será o primeiro museo na cidade departamental, cuxo contido son as Belas Artes. Seguiulle Ana Vasco do Castillo, Técnico do Museo de Belas Artes da Coruña, que versou sobre “A proxección social do Museo de Belas Artes da Coruña. Programas de atención á diversidade”. Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico-Conservador do Museo da Catedral, que versou sobre o “Descubrindo a Catedral: investigar, conservar e difundir as coleccións catedralicias”. Jacobo Martínez Nieto Director do MUVI e Galo Martínez Nieto, presidente da Fundación MUVI que nos presentaron a súa recentemente inaugurado museo co relatorio “O MUVI, un museo en Galicia”. Un museo sobre o videoxogo. Finalmente o último relator foi Marcos Vázquez Marey, Director do MUVICLA, que nos sorprendeu coa presentación do seu museo lucense co relatorio “A experiencia de creación do MUVICLA. Un proxecto de vida no rural”. Un museo orixinal sobre a historia evolutiva do tractor e os aparellos empregados en campo agrícola e gandeiro.

A xornada clausurouse cunhas conclusións e debate, entre os conferenciantes e o numeroso público asistente, moderados por María Carmen Lorenzo, Subdirectora Xeral de Arquivos e Centros Museísticos. Unha xornada intensa, cunha organización impecable, unhas instalacións magníficas e un gran nivel das conferencias expostas, sen dúbida, unhas experiencias magnificas vividas dos seus traballos cotiáns. Felicitacións á Xunta de Galicia e os seus departamento, por este magno acontecemento!

Por parte das institucións alí representadas, dirixíronse ao noso director Ricardo Pérez e Verdes, convidado ás devanditas xornadas, para propoñerlle a posible integración do MELGA na Rede de Museos de Galicia, posiblemente o ano entrante, despois de pasar os consecuentes trámites administrativos, para a súa ratificación. Para nós será un orgullo e un reto máis no noso labor divulgativo dos Xogos e Deportes Tradicionais e a súa historia a través dos tempos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.