Durante toda a mañá de onte luns 18 de xuño, o verde exterior do Dolmen de Dombate do concello de Cabanas de Bergantiños, converteuse nun escaparate de xogos e deportes tradicionais galegos. Máis dun centenar de nenos e nenas dos centros docentes da zona, axudaron a converter o espazo recreativo, en actividades de tipo cultural, lúdico, musical e gastronómico coa consabida alegría e diversión que transmiten estes, entre os 3 e os 6 anos de idade ao aire libre. Os centros escolares que participaron nesta festa popular e anual foron: Ponte da Pedra 1-2-3 e 4, Gardería Casa dos Monicreques, CPI. As Revoltas e o CRA Remuiños.
A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), nesta ocasión, foi a primeira vez que o concello de Cabana, convidábanos a participar e organizar un evento de tal magnitude. A sesión matinal estivo a “piques” de non realizarse por causas das inclemencias meteorolóxicas, pero ao final respectounos e a xornada realizouse ao completo a pleno rendemento. Un gran día nun marco de beleza máxica.
Leave A Comment