Como remate do curso escolar 2022-23, a dirección do CEIP. Celso Emilio Ferreiro da Silva-Cerceda (A Coruña), contactar co Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), neste caso a súa directora María Teresa do Río, para que organizásemos o primeiro Gran Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos nas instalacións do propio centro cercedeño.
A participación do alumnado foi masiva (máis de 200 estudantes), xa que “actuaron” todo o centro docente, é dicir, desde educación infantil (3 anos) ata sexto de primaria (11 anos). A xornada matinal iniciouse ás 10,30 h. da mañá e finalizou sobre as 14,00 h. aproximadamente. Case catro horas de práctica activa de xogos e deportes tradicionais galegos na súa maioría e algúns doutros países europeos.
A sesión festiva e lúdica desenvolveuse, nas tres magníficas instalacións que posúe o centro, unha exterior ampla, un ximnasio mediano e un gran soportal. En cada un dos habitáculos preparados para os xogos, estiveron dirixidos por Jessica Pouse, Manuela Vázquez Coto e o noso director do MELGA. En total foron exactamente 28 xogos individuais.
Aínda que se iniciou a xornada cun espléndido día para desenvolver a actividade, un “ballón estival” desmontounos a planificación, pero co plan “B”, no soportal, desenvolvéronse os xogos colectivos con gran alborozo e alegría de todos os asistentes. Segundo os participantes un gran final de curso.
A dirección do centro, transmitiu a Ricardo Pérez e Verdes coordinador da actividade, o seu fervente compromiso de que o ano próximo, desprazaríanse a Ponteceso para visitar o noso museo, que a data de hoxe aínda non o coñecen. Benvidos sexan!
Leave A Comment