O centro escolar do CEIP Plurilingüe A Cristina de Carballo (A Coruña), regresa de novo ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), por segundo ano consecutivo (abril-23). Nesta ocasión e a cuarta vez que nos visitan. Os tres grupos participantes na visita guiada, conformábano máis de sesenta alumnos e alumnas de 3º e 4º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 8 e 9 anos e viñan acompañados das súas profesoras-titoras Elvira Costa, Mari Carmen Gontán (Pedagoga Terapeuta) e Maica Cotelo coordinadora e organizadora da actividade extraescolar.
Sorpresivamente, Maica Cotelo, era a súa segunda ocasión en visitarnos, xa que facía varios anos atrás, que realizara un traballo sobre varias unidades didácticas sobre o MELGA, en preparación das súas oposicións, obtendo polo mesmo a máxima puntuación. Dita titora tamén é unha gran actriz de teatro e pertence ao grupo Ditirambo Teatro, do cal nosa vicepresidenta da Fundación, Lola Roel, é a súa directora e dramaturga. A súa compañeira docente Elvira Costas esta era a segunda vez en visitar o noso museo.
Con máis de dúas horas e media de visita guiada polas salas do museo, todos os rapaces visitantes e as súas profesoras, gozaron ao máximo cos ensinos transmitidos na sesión. Por descontado a competencia en diversos xogos tradicionais xurdiu espontaneamente. Gran entusiasmo, aínda que non obtiveron ningunha marca destacable, eso sí o tentaron, nin tampouco houbo campión da visita, pero finalmente obsequióuselles, por parte da dirección do museo, senllos obsequios de xogos tradicionais para as súas clases. Todo o grupo comentaron: “Foi moi divertido e o pasamos moi ben”.
Leave A Comment