Horario MELGA Letras Galegas 2024: O MELGA amplía o horario de visitas esta fin de semana

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado na vila de Ponteceso (A Coruña), comunica a todos os seus posibles visitantes que esta fin de semana, do 17 ao 19 do presente mes de maio-24, ampliaremos o horario das mesmas debido a que o día 17 (festivo) celebramos na Comunidade Autónoma de Galicia o Día das Letras Galegas, o día 18 é o Día Mundial dos Museos e o día 19 unha xornada dominical.

A distribución do horario quedará da seguinte maneira:

ABERTO:

VENRES 17; SÁBADO 18 e DOMINGO 19.

HORAS: MAÑÁ de 11:00 a 14:00 h. e TARDES de 17:00 a 19:00 h.

PECHADO:

DOMINGO, 19 POLA TARDE.

Infórmase que os tres días citados, a partir das 11:00 da mañá ata as 14:00 h., a condición de que se conforme un grupo mínimo de 15 persoas ou superior, realizaremos unha VISITA GUIADA. Todos os interesados deberán chamar á secretaría do museo aos contactos 981.71.54.42 ó 661.29.02.46 e apuntarse nunha LISTA DE ESPERA para lograr a cota establecida pola entidade ou contactar a través do noso correo electrónico info@museomelga.com.

Será unha fin de semana para que nos poidan visitar e coñecer este centro da cultura patrimonial de tradición de Galicia situado na vila de Ponteceso (A Coruña)

Estaremos inmensamente compracidos coa súa presenza no MELGA! Anímense!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.