II Forum Europeo de Xogos e Deportes Tradicionáis

Entre o venres día 14 pola tarde e o sábado 15 pola mañá, desta fin de semana do mes de maio, o presidente e director da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, estivo convidado ao II Forum Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais como relator ás devanditas xornadas, que con motivo da pandemia, foi en forma de vídeo conferencia.

 

A sesión do venres inaugurouse coas palabras de benvida dadas polas autoridades seguintes: en primeiro lugar o presidente da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais o catalán Dr. Pere Lavega, en segundo lugar tomou a palabra o Dr. Eduardo Inglés como director do INEF ( Lérida) de Cataluña (anfitrión), en terceiro lugar o presidente da Confederación Etnodeporte Mundial o turco Necmeddin Bibal Erdogan e en último lugar o congoleño Joseph Rashidi Salumu presidente da Asociación Africana de Xogos e Deportes Tradicionais.

 

A partir das 16,00 h. deu comezo a xornada, coa presentación dos relatorios das diferentes entidades, todos eles, membros da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. Pola Federación Francesa de Bowling e Deportes de Birlos, rompeu a disertación do francés Alain Bovo; seguiulle o italiano Giorgio Paolo Avigo pola Asociación do Xogo Antigo; a continuación o valenciano Anxo Gómez i Navarro representando á Escola Autonómica de Xogos Tradicionais; posteriormente o catalán Víctor Baroja i Benlliure da Compañía de Xogos a Anónima; o francés André Magnlouac representando á Federación de Casas Rurais de Gers e por último, rematando a xornada, desde Polonia Kazimierz Waluch do Instituto Rozwoju do Deporte e Educación. As exposicións, a través das súas power point, foron moi diferentes unas doutras xa que cada un representaba unha liña de traballo diferencial, (birlos, asociacións, federacións, campus, institutos, etc.). O seu nivel expositivo foi moi brillante e sobresaliente.

 

Na segunda xornada, tan variada como as do día anterior, deu comezo ás 9.00 h. cuxos conferenciantes expuxeron os seus relatorios co tempo marcado para cada unha delas. En primeiro lugar fíxoo é aragonés Fernando Mestre Guerrero co seu Museo de Xogos Tradicionais de Campo; colleu a substitución o noso presidente e director o Dr. Ricardo Pérez e Verdes da Fundación e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA); seguidamente o croata Milivoj Pacenti presentou Federación de Xogos e Deportes Tradicionais ( Istarki Pjockarski Savez); o checo Hasil Jakub coa súa Asociación de futbol-billar; o asturiano Francisco Álvarez Cadeas coa súa Asociación de Birlo Vaqueiro; o portugués Joao Alexandre coa súa Federación Portuguesa de Xogos Tradicionais; o canario Carlos Javier Barreira Beira da Federación de Loita do Garrote Canario e finalizando a xornada a aragonesa Carmina Fernández Amat referiuse a traballo do seu Departamento de expresión música, plástica e corporal realizado na Universidade de Zaragoza. Clausura o II Forum Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais o presidente da asociación Dr. Pere Lavega. Outra xornada extraordinaria con exposicións e traballos magníficamente elaborados e de gran calado mundial. Un éxito maiúsculo moi superior ao do ano anterior na súa organización. Felicitacións.

 

 

Como se pode comprobar, nesta ocasión, o único relator representante galego foi o noso presidente e director, aínda que como oíntes estiveron varias asociacións galegas ( Brinquedia, Asociación Galega de xogos populares e Tradicionais (AGXPT), Xogos Tradicionais de Muimenta (XoOTRAMU) e o Recuncho dás Argalladas de Lourenzá), Ricardo Pérez e Verdes versou o seu relatorio sobre “O MELGA e a súa Fundación: un referente na Costa da Morte. O concello de Ponteceso e a Fundación fusiónanse para crear o Museo Etnolúdico de Galicia”. Na primeira parte falou da localización do museo, de Ponteceso, as súas xentes, os seus monumentos, etc. e na segunda fase do propio museo, das súas salas, as súas pezas museísticas, as súas visitas, os seus festivais, concursos, estudos investigativos,…. Dita información exposta, parece ser que tivo moita acollida, polas felicitacións chegadas a través dos chat enviados desde todos os recunchos do mundo, así o acreditan. As felicitacións viñan de México, Croacia, Tunes, Marrocos, Francia, Italia,…pero abrigo do noso país.

 

Aínda que é unha asociación europea de xogos tradicionais, neste momento, adheríronse moitas federacións doutros continentes, nesta ocasión o continente africano e americano foi o máis numeroso. É normal…pois xogos e deportes tradicionais hainos en todas as rexións do mundo.

 

 

Esperamos que no III Forum estea próximo, que poida ser presencial, aínda que seguramente desta forma corremos o risco de que o mesmo, non sexa masivo como este recentemente finalizado (179 persoas de 62 países), pois o tema dos custos e o tempo para dispoñer, conleva un desprazamento moi longo para reunirnos e supoñerá seguramente uns obstáculos insalvables para moitos.

 

De todos os xeitos, se a pandemia permítenolo, xa estamos citados para vernos en Croacia, alá polo mes de outubro do presente ano 2021, na XII Asemblea Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.