Neste recentemente iniciado mes de xuño-24, do mesmo xeito que en anos anteriores, é o mes fundamental para todos os centros escolares de Galicia para realizar a súa parada museística nas nosas instalacións e coñecer o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado no concello de Ponteceso, para a súa excursión de final de curso académico.
Nesta ocasión, por primeira vez visítannos un numeroso grupo de máis dun centenar de discentes (104) e os seus profesores (6), procedentes da comarca coruñesa do Xallas, o CEIP. Plurilingüe Barrié de la Maza do municipio de Santa Comba. Os alumnos estaban na franxa dos 8 e 9 anos de idade do ensino infantil de 3º e 4º de primaria. Todos eles viñan acompañados polos seus profesores/titores María Isabel Barrientos, Mary Carmen García, María José Lois, María Santamaría, Borja Boado e Leticia Teijido que realizaba as funcións do representante do centro e coordinadora da actividade.
Despois de dividir o numeroso grupo en dous subgrupos, mentres uns desenvolvían os xogos de exterior no campo de xogos municipal do Centro Cultural, outros visitaban as salas expositivas do museo, para despois rotar os grupos para realizar a visita ao completo.
Más de tres horas durou o percorrido polas instalacións do MELGA, onde o grupo participou dos coñecementos teóricos e audiovisuais, que se lle transmitían dos xogos e deportes do Galicia e do mundo, preto duns 25 xogos programados para sesión lúdico-cultural e sempre de forma interactiva. A dirección desta sesión teórico-práxica correu a cargo do director/guía Ricardo Pérez e Verdes e acompañoulle, nesta ocasión, a profesora de ensino infantil Jessica Pouse, do concello de Cabana de Bergantiños.
Un grupo, aínda que moi intenso e extenso, desenvolveu unha xornada inmensamente moi satisfactoria e frutífera, segundo os comentarios dos alumnos como dos profesores. Tentárono en varios ocasiones pero non puideron bater ningunha marca destacable nin tampouco se outorgaron os premios individuais da visita. Pero… moi felices e con moita alegría xa que gozaran dunha gran velada especial que lembrarían sempre. Según os alumnos/as: “ Un lugar espectacular e entretido que prometo que volverei”.
Finalizada a xornada, despois de plasmar unhas palabras, por parte dos profesores, de agradecemento á nosa entidade, no libro de visitas do museo, todos os visitantes desprazáronse en autobús, nun espléndido día de calor, a Balarés, priramente para darse un pequeno remojón nas frías augas atlánticas e unha reposición de forzas cun xantar no merendero do Piñeiral da praia pontecesá. Unha xornada memorable !.
Leave A Comment