Masiva e inesperada visita guiada ao Melga

Mais de cento vinte estudantes de ensino secundario de 1º a 4º da ESO, é dicir desde os 12 aos 15 anos de idade, do IES. Alfonso X O Sabio da localidade de Cambre (A Coruña), se desprazaron a Ponteceso, acompañados dos seus profesores/ as Elena Veiga, Roi Fernández, Isabel González, Irma López, Erkuden Lanz e Mar Hermida que exercía de representante do grupo, para realizar unha visita guiada sorpresiva ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Sorpresiva e inesperada foi a visita, pois non previran dita excursión de final de curso ao museo senón, un roteiro de sendeirismo pola zona visitando algúns lugares atractivos para todo o alumnado, pero…ao amencer un día chuvioso tiveron que modificar a planificación e o que pensaron os seus organizadores era suplir o percorrido ao aire libre por unha visita guiada ao MELGA baixo cuberto. Para o grupo era a súa primeira vez en visitarnos, aínda que tiveramos contacto co devandito centro docente facía dous anos que realizamos un Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no seu propio centro escolar en Cambre (A Coruña) nun programa de “Xogo e política lingüística”

 

Masiva e inesperada visita guiada al Melga

 

Aínda que non é o normal recibir a tantos visitantes ao mesmo tempo, o director do museo Ricardo Pérez e Verdes accedeu a realizar a visita cos inconvenientes supostos pero hai que destacar que tanto os alumnos/ as e coa axuda dos profesores/ as a sesión lúdico-cultural foi un gran éxito. Todos os visitantes participaron nalgún xogo programado, aínda que non en todos, pola dificultade de material e tempo. A sesión matinal durou sobre unhas tres horas na cal todos saíron con ganas de volver ou ben nun grupo mais reducido ou ben particularmente cos seus amigos e familiares.

Unha nova experiencia moi positiva aínda que con moitas dificultades estruturais participativas en cando á práxica dos xogos e deportes tradicionais no propio recinto museístico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.